Friday 17 de May de 2024

A Xunta asiste ao 50 aniversario da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra


O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe ao acto de celebración do 50 aniversario da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, onde destacou o traballo realizado ao longo desta ampla traxectoria na procura dunha sociedade máis accesible para as persoas xordas desta comarca. Así mesmo, recolleu o recoñecemento que esta entidade deu á Xunta pola súa sensibilidade e apoio á comunidade xorda.

Abeijón recalcou que as entidades sociais abriron camiño para reclamar unha sociedade máis xusta e igualitaria para as persoas con discapacidade. Por este motivo, trasladou todo o agradeceu a esta entidade en nome do Goberno galego e salientou que a colaboración co tecido asociativo seguirá estando presente nas contas autonómicas de cara ao vindeiro ano 2023. Durante o acto, a entidade entregoulle un premio á Xunta de Galicia polo seu apoio ás persoas xordas.